Comunicación cultural

Somos unha axencia de comunicación cultural que cre no trato directo e nas relacións a longo prazo. Axudámoste a difundir o teu proxecto cultural sen fórmulas pechadas nin solucións en serie, sempre con agarimo e proximidade.

TUPÉ

Os nosos servizos

Comunicación para proxectos culturais

Gabinete de prensa

Facemos que os proxectos cheguen aos medios axeitados e co enfoque correcto. Relación directa con xornalistas, mensaxes claras e seguimento constante.

Fotografía

Captamos a esencia de cada proxecto con fotografías naturais e coidadas: festivais, concertos, presentacións, espectáculos, exposicións, gastronomía...
VER GALERÍA

Creamos e xestionamos contidos de Instagram que conectan co público.

Xestión de redes sociais
Xornalismo

Textos con criterio, estilo e intención. Reportaxes, artigos, crónicas, recesións, entrevistas...

Traballos

Festivais, empresas, artistas e medios de comunicación cos que traballamos nos últimos anos

Quen somos

Paula Cermeño

Son licenciada en xornalismo pola USC, con másteres en Teatro e Artes Escénicas e en Estudos Internacionais. Tamén son Experta Universitaria en Xestión Cultural. Desde hai unha década dedícome ao ámbito da comunicación cultural, combinando prensa, fotografía e xestión de redes sociais.

Actualmente traballo como xornalista e creadora de contido na revista cultural viguesa A Movida. Tamén son responsable de prensa e fotógrafa en festivais como Galician Freaky Film Festival, Hematofesti ou Cinema Miúdo. No pasado colaborei en proxectos audiovisuais e turísticos e como xestora cultural no Instituto Cervantes de Sídney.

Vivín en Italia, Brasil, India e Australia e gústame viaxar soa e acompañada. Son cocinillas e interésame a gastronomía; un dos meus primeiros traballos foi como axudante de redacción dos libros de receitas de Larpeiros (TVG) e son a catadora oficial de restaurantes en A Movida. O vídeo non é o meu forte, pero gañei o Desafío Audiovisual Illas Cíes 2020 cunha curta documental sobre o meu avó . Ver O Profesor en Youtube.

Pablo Vázquez

Xornalista e fotógrafo vigués graduado en Comunicación audivisual pola Universidade de Vigo con ampla experiencia no eido cultural, especialmente no musical. Redactor e fotógrafo na revista viguesa A Movida desde 2018. Membro do comité de redacción da revista Luzes desde 2024 e colaborador nos medios Mondo Sonoro, Ruta 66, O Salto, Nós Diario e Free Rockin’.

En 2022 publiquei o libro musical Son da cidade coa Editorial Galaxia e tamén podes atopar algún relato meu nas antoloxías Relatos na rúa VIII e X (Editorial Elvira, 2021 e 2023, respectivamente) e Tes cinco minutos #3 (Editorial Galaxia, 2023). Entre 2017 e 2020, dirixín tres documentais: Cuna de músicos, xunto a Denis Carballás; The Death: el Reencuentro e O profesor, xunto a Paula Cermeño e vencedora do II Desafío Illas Cíes. Ademais, gravei videoclips para unhas cantas bandas locais. No meu tempo libre gústame debuxar e facer cómics.

CONTACTO

Tes un proxecto entre mans ou simplemente queres comentar unha idea? Escríbenos sen compromiso. Estaremos encantadas de escoitarte e ver como podemos axudarche a contar mellor o que fas.

tupecultural@gmail.com